O Lendo Contigo despide a tempada cunha observación astronómica

O venres 10 de xuño o club de lectura compartida Lendo Contigo pecha a tempada cunha sesión moi especial que xirará arredor da obra Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz (Xerais).
A diferenza do resto das sesións celebradas no meses anteriores, nesta ocasión será á tardiña na Serra do Galiñeiro, onde realizaremos o club de lectura e aproveitaremos o espazo para realizar xogos e cear xuntos.
Cando anoiteza, contaremos con expertos da Asociación Astronómica de Vigo que nos falarán das constelacións e dos planetas.
Non esquezades traer comida, auga, roupa cómoda e de abrigo e moitas ganas de compartir as historias de Daniela e o seu amigo ao que, quizais, atopemos na súa estrela.
Agardámosvos!

Na sesión do mes de abril, adicada ao teatro, escollimos a obra de Bernardino Graña Lobísimo do saco. Tres titiritadas (Galaxia) para realizar uns “Petiscos teatrais” que poderedes ver nestas imaxes da sesión:
Lendo Contigo 30/04/2022