O Lendo Contigo despide o 2017 con «Astérix en Italia»

O Lendo Contigo despide o ano con Astérix en Italia, o novo álbum asinado por Jean-Yves Ferri e Didier Conrad e editado en galego por Xerais. Da man destes magníficos personaxes viaxaremos a Italia e gozaremos coas súas aventuras. Para simular mellor esta viaxe, animámosvos a que veñades caracterizados con algún elemento que teña relación co cómic, ou disfrazados dalgún dos personaxes.
A sesión será o sábado 16, ás 12:00h, na Casa da Lectura (Nogueira, 8-Donas).
Contamos con vós! Así vos recomenda que veñades Luisiño:

A obra proposta no mes de novembro foi Avións de papel, de Xavier Estévez (Xerais). Investigamos moito sobre arte urbana, aprendemos o que é o aerogami e recomendámonos bocatas riquísimos! Tivemos a sorte de contar coa presenza do autor, Xavier Estévez, que compartiu con nós a súa experiencia no proceso de escrita da obra e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os asistentes. Aquí vos deixamos o enlace ás imaxes da sesión: