O Lendo Contigo despide o ano con banda deseñada

O sábado 19 de decembro celébrase a última sesión deste ano do Lendo Contigo. Para esta ocasión a obra proposta é Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido, de Fermín Solís e editado en galego por El Patito Editorial. Será na carpa da Praza da Paradela, en Gondomar, ás 12:00h. Agardámosvos!

Na sesión do mes de novembro estivemos con Antía Yáñez e a súa obra Plan de rescate, editada por Xerais. Afortunadamente, os nenos e nenas do Lendo Contigo liberaron a Antía dun rápido e sinxelo secuestro para que puidera contestar a todas as cuestións que fixeron sobe a obra e para que nos contara moitas curiosidades desta historia chea de emoción e aventuras. Aquí deixamos as imaxes dese día:
Lendo Contigo 28/11/2020