O Lendo Contigo despídese da tempada na compaña de Andrea Maceiras

O club de lectura compartida Lendo Contigo despídese na Casa da Lectura coa obra Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras (Xerais), que nos acompañará nesta última sesión da tempada. Nesta ocasión, achegarémonos ao coñecemento de feitos acontecidos na Costa da Morte e aos misterios que este lugar agocha. A sesión terá lugar o venres 26 ás 20:00h, na Casa da Lectura (Nogueira-8, Donas), e logo da sesión realizaremos una cea compartida para festexar o fin de tempada. Agardámosvos!!
Celebramos a sesión do mes de abril cunha lectura compartida no Hospital Álvaro Cunqueiro. A obra elixida foi A galiña azul, de Carlos Casares (Galaxia), autor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano 2017. Durante a sesión, nenos/as e familiares do club de lectura compartida Lendo Contigo e nenos/as e familiares dos pequenos hospitalizados na planta de pediatría, fixeron unha lectura en voz alta da obra, compartíndoa cos asistentes. Ademais, gozamos co espectáculo do Mago Cali, que trouxo á planta unha galiña azul e ovos de cores. Agradecémoslle ao Hospital, á editorial Galaxia, e aos lectores da sesión a súa amable colaboración e participación nesta proposta. No enlace podedes ver as fotografías da sesión: https://goo.gl/photos/4c9XCcUZSv7qBJXW7