O Lendo Contigo estrea 2018 cunha divertida historia de Marcos López Concepción, autor que nos acompañará durante a sesión

No club de lectura compartida Lendo Contigo comezamos o ano cunha obra moi divertida: «Pituxa, a fantástica historia da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)», de Marcos López Concepción e editada por Galaxia. E é que un día, Pituxa comeza a facer unha caca moi especial, de ouro!! E agora todos queren a Pituxa…, o que lle trae algún que outro problema. Convidámosvos á sesión, que terá lugar o 27 de xaneiro ás 12:00h na Casa da Lectura, e na que contaremos coa presenza do autor. Agardámosvos!!

Na sesión de decembro lemos «Astérix en Italia», de René Goscinny e Jean-Yves Ferri (Xerais), e contamos coa presenza dos mesmísimos Astérix e Obélix, que gozaron moito coñecendo o que os nenos e nenas e as súas familias desfrutaron aprenderon a raíz da lectura da obra. Logo, gozamos dun xantar compartido co que despedimos o ano. Aquí tedes as imaxes deste día:

Lendo Contigo 2017/12/17