O Lendo Contigo pecha a tempada con Pippi Mediaslongas

O venres 31 de maio o Lendo Contigo despide a tempada con «Pippi Mediaslongas», de Astrid Lindgren (Kalandraka). Se durante a lectura Pippi fixo que o pasásemos moi ben, compartilo vai ser marabilloso!
Logo da sesión, realizaremos unha cea compartida para a que haberá que traer comida ou bebida para compartir, e celebrar un ano máis o peche do club ata a vindeira tempada. Animádevos a vir!!

Na sesión de abril recibimos a visita de Manrique Fernández con «Hermes, aprendiz de mago» (Galaxia). Con esta obra achegámonos ao teatro da man de Hermes Gramalleira, mago de primeira que ten que superar algún que outro obstáculo coa axuda da súa capa, sombreiro, pote e curuxa disecada. Manrique Fernández falounos da obra e respondeu a todas as preguntas dos asistentes. Grazas por visitarnos! Aquí tedes o enlace ás fotos da sesión:

Lendo Contigo 27/04/2019