O club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese este domingo 18 de abril para conversar sobre a obra de teatro Voa Voa! Unha divertida lectura dun texto teatral que fala da amizade, os xogos e as sortes. Contaremos coa presenza do autor, Artur Trillo, así como da actriz María Ordóñez e do actor Toño Casais. Será obrigatorio o uso da máscara e garantiranse as medidas de hixiene e distancia social.

A actividade completarase ás 18:00h coa representación da obra de teatro Voa, Voa! Da compañía Talía Teatro, organizada polo concello de Gondomar.

Agardámosvos!

#clubdelectura
#lendoengalego
#compartindolecturas
#concellodegondomar