O Lendo Contigo viaxa a Cajamarca

O sábado 27 de novembro o Lendo Contigo reúnese de novo na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión a lectura proposta é Soños de Cajamarca, un libro de relatos de varios autores e autoras galegas publicado por Antela Editorial. Esta obra é un proxecto colectivo que nace co obxectivo de apoiar o traballo que a ONG Aulas Abiertas está a levar a cabo en Perú. Contaremos coa presenza do escritor Xavier Estévez e de Pilar Muñoz, directora de Aulas Abiertas.
A sesión celebrarase o sábado 27 de novembro ás 12:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Animádevos a participar!

Na sesión inaugural da tempada do Lendo Contigo contamos coa presenza de Fran Alonso, co que puidemos conversar sobre o seu libro Douche a miña palabra (Xerais). Ademais, Fran falounos da importancia que a lectura e a escrita tiveron (e continúan tendo) durante toda a súa vida. Foi unha sesión moi interesante!
A continuación podedes acceder ás imaxes dese día:
Lendo Contigo 23/10/2021