O Lendo Contigo viaxará a miles de quilómetros de distancia con Sabela Nuñez Singala e “O agasallo de Anya”

O club de lectura compartida Lendo Contigo viaxará a miles de quilómetros de distancia coa escritora Sabela Nuñez Singala e o seu libro O agasallo de Anya (Galaxia). A sesión deste mes terá lugar este sábado 29 de novembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, e está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e as súas familias.

Teremos a sorte de contar coa presenza da autora, que nos falará dos proxectos que a levaron a escribir esta novela, coñeceremos a un personaxe moi especial e descubriremos a nosa destreza co ucraíno.

Na sesión do mes pasado convertémonos en expertos recicladores, estas son algunhas imaxes dese día.