O luns 25, nova cita co Contomar na librería Libraida

Este próximo luns 25 de novembro terá lugar unha nova sesión do Contomar, contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos. Será na librería Libraida de Gondomar, a partir das 18:00 horas. O 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero e, a través dos contos, tentaremos solidarizarnos e tomar conciencia.

O mes pasado lemos contos protagonizados por personaxes excepcionais: “A casa da mosca chosca”, “Non fai falta a voz”, “Cándido” e “Imos cazar un oso”. Aquí pódese acceder á galería de imaxes dese día:

Contomar 28.10.2019