O luns 27 nova sesión do Contomar en Libraida

O luns 27 de xaneiro celebramos unha nova sesión do Contomar, contacontos para nenas e nenos a partir de 3 anos. Será na librería Libraida de Gondomar, a partir das 18:00h.
Presentaremos as novidades que nos chegaron dos nosos socios protectores e celebraremos o Día da Paz.
O mes pasado dedicamos a sesión ao inverno e lemos os seguintes contos: “Un día de neve”, “A mellor sopa do mundo”, “As manoplas de Carapuchiña” e “Renato”. Aquí pódese acceder á galería de imaxes dese día:
Contomar 16.12.19