Crocodilos, polos e gatiños no Contomar

No Contomar do luns 28 de xaneiro leremos, entre outros contos, O poliño da abelaira, Crocodilo namorado e Gatiño e a neve, que xa se anunciara o luns pasado pero, por cuestión de tempo, non se chegara a ler.

O Contomar comeza ás 18:00 horas na biblioteca municipal de Gondomar e está aberto a todos os nenos e nenas de máis de 3 anos e ás súas familias.

Nestas imaxes pódense ver varios momentos da sesión da semana pasada.