Contomar publicado por

O luns, Contomar

O luns, Contomar

Linda á espreita, de Alexander Steffensmeier, editado por Xerais, será un dos contos protagonistas da sesión do Contomar deste próximo luns, ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Coa historia de Linda, a vaca que se agochaba cada mañá para meterlle un susto ao carteiro, celebraremos o cumprecontos de Ruoqi. Ademais, recibiremos a visita de Manuel, un profesor do CEP Neira Vilas, de Peitieiros, que nos traerá o conto De quen foi a culpa?

Continuamos así coas visitas do profesorado dos centros de ensino da zona que iniciamos a semana pasada coa sesión protagonizada polo profesorado de Ed. Infantil do CEIP Souto-Donas. Luísa, Belén, José Luis e Bea trouxeron uns ovos moi especiais dos que foron saíndo galiñas, pitos, avestruces e galos que nos contaron as súas historias e deixaron de agasallo para todos os nenos e nenas unha cesta de ovos de… chocolate! Aquí vos deixamos algunhas fotos desa sesión da semana pasada, na que celebramos tamén o cumprecontos de Anxo.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com