Casa da Lectura publicado por

O mércores, a Casa da Lectura volve abrir as súas portas

O mércores, a Casa da Lectura volve abrir as súas portas

Este mércores 12 de xaneiro, a Casa da Lectura retoma as actividades de dinamización lectora tras as vacacións de Nadal.
Na primeira sesión do ano imos facer un percorrido polos clásicos da literatura infantil universal (Carapuchiña, O gato con botas, Cincenta, Hansel e Gretel, O patiño feo…) nas súas diferentes versións. E deterémonos especialmente en dous: Polgariño e Brancaneves.
Agardámosvos na Casa da Lectura a partir das 18.30 horas e, para os que queirades vir consultar a nosa biblioteca, as portas xa estarán abertas dende as 17.30.

Na última sesión de 2010 recibimos a visita de Laura Sáez, da editorial Patasdepeixe, que nos contou o conto A vaca que puxo un ovo mentres nos convertía a todos en vacas. Velaquí algunhas imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *