A Portada publicado por

O mundo de Elmer en Contos en Cueiros

O mundo de Elmer en Contos en Cueiros

Este venres, 28 de febreiro, celebramos un novo encontro de Contos en Cueiros. Nesta ocasión, achegarémonos aos mundo do elefantiño ELMER e, como estamos ás portas do entroido, as máscaras estarán moi presentes!

– Haberá 1 único PASE ás 18:00 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.

– Os socios e socias de Espazo Lectura terán prioridade na orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a espazolectura@gmail.com e facilitar o nome do bebé (de 0 a 3 anos), o da persoa adulta que o vai acompañar e un teléfono de contacto. En caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a.

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 27 de febreiro ás 12:00 h do mediodía.

contos_en_cueiros_2014_02_28

Nesta galería de imaxes pódense ver varios momentos do encontro do mes de xaneiro, dedicado aos contos e á música.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura