A Portada publicado por

O mundo de «Elmer», no Contos en Cueiros do mes do Libro e a Lectura

O mundo de «Elmer», no Contos en Cueiros do mes do Libro e a Lectura

O próximo venres 29 de abril terá lugar un novo encontro de Contos en Cueiros, dentro da programación da IX Semana do Libro e a Lectura de Espazo Lectura. Nesta ocasión coñeceremos o mundo do elefante Elmer. A actividade será ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2013 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a
Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión, ás 12:00 h do mediodía.

O día 1 de abril celebramos a anterior sesión de Contos en Cueiros, centrada nas formas xeométricas básicas e nas cores. Reconstruímos os personaxes e as formas dos contos que lemos en diferentes materiais, cos cales os bebés puideron despois experimentar. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura