A Portada publicado por

O mundo de Eric Carle, na Casa da Lectura

O mundo de Eric Carle, na Casa da Lectura

A sesión semanal de dinamización lectora na Casa da Lectura estará dedicada nesta ocasión aos álbums de Eric Carle, o gran autor e ilustrador estadounidense. A actividade será este mércores 23 de maio a partir das 18:00 horas. Media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A sesión da semana pasada foi moi especial para nós, xa que as encargadas de organizala foron un grupo de mozas do Comando Le, a actividade xuvenil de Espazo Lectura. En concreto, as contadoras foron Emma, Lucía e Martina, coordinadas por Cris. Cantaron contos e cantaron cancións, nunha sesión moi agradable e divertida. Estas son as fotos dese día:

CASA DA LECTURA 16 MAIO 2018

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com