O nacemento dos bebés, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores 16 de maio estará dedicada ao embarazo e aos bebés. A partir de contos como Vou ter un irmán!, Mamá puso un huevo, Artur ou Upa!, mergullarémonos no mundo dos meniños: como se fan, como nacen, que lles cantamos para adurmiñalos, con que lles gusta xogar…
A actividade comeza ás 18:30 horas na Casa da Lectura.

Estas son algunhas imaxes da sesión da semana pasada, coa música como protagonista. 

 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *