A Portada publicado por

O Paroleiro este mércores na Casa da Lectura. Sesión especial a cargo de Pablísimo para celebrar o Día do Libro.

O Paroleiro este mércores na Casa da Lectura. Sesión especial a cargo de Pablísimo para celebrar o Día do Libro.

Este mércores haberá unha sesión especial na Casa da Lectura e contaremos coa participación de Pablísimo co seu espectáculo O PAROLEIRO. Esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O Paroleiro é moi amigo de parolar… Gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leva na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos.

 

Deseguido pódense ver as imaxes da sesión anterior chea de seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes:

DSC_1000

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com