A Portada publicado por

O Premio Xerais de Novela, Santiago Lopo, inaugura o novo ano do club Sete Vidas

O Premio Xerais de Novela, Santiago Lopo, inaugura o novo ano do club Sete Vidas
O día 11 de xaneiro estreamos o ano coa tertulia arredor da novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela do pasado ano. Será no café Keik de Gondomar, na Rúa das Ánimas, a partir das 20:00 h.
E a partir das 21:00 h estará con nós o autor, Santiago Lopo, quen nos conduce nesta novela ao século XIII nun momento de cambio político, cultural e lingüístico en Europa, no que un grupo de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre o Camiño de Santiago e nos mostran o auxe das cantigas galego-portuguesas. Asemade, a persecución relixiosa contra a herexía cátara na Provenza amosa as ansias de dominio do poder civil e relixioso.
Velaí dúas recensións e unha entrevista co autor:
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com