Novas da asociación publicado por

O proxecto de Espazo Lectura, a Portugal

O proxecto de Espazo Lectura, a Portugal

A asociación Espazo Lectura foi convidada a participar este venres en Portugal nos XIV Encontros Luso-galaico-franceses do Livro Infantil e Juvenil para expoñer o proxecto de animación á lectura que está levando a cabo desde o Val Miñor. Os encontros, que se celebran mañá e pasado na cidade portuguesa de Porto, terán lugar no auditorio da fermosísima Biblioteca Municipal Almeida Garrett. A presidenta de Espazo Lectura, Concha Costas, desprazarase o venres ao Porto para participar ás 14:00 horas na mesa redonda sobre «Bibliotecas, escola e família: experiências de promoção da leitura», intercambiando opinións con Cristina Taquelim, a responsable dunha das máis interesantes, activas e dinámicas experiencias de promoción lectora en Portugal: os Livros andarilhos da Biblioteca Municipal de Beja. Na mesa estará presente tamén Catherine Jordi, da asociación francesa Idées Nouvelles Europe.

14:00
Mesa redonda
Bibliotecas, escola e família: experiências de promoção da leitura
Cristina Taquelim (Biblioteca Municipal de Beja – Portugal) – Livros andarilhos: leituras com miúdos e graúdos
Catherine Jordi (Associação Idées Nouvelles Europe – França) – Pais, leitura e bibliotecas escolares, como ajudar os filhos a serem leitores?
Concha Costas (Associação Espazo Lectura – Galiza) – Experiências locais de comunidades leitoras: Espazo Lectura, ler contar, dinamizar

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com