O Sete Vidas celebrará a sesión de novembro na Casa da Lectura o sábado 8

O libro proposto para a sesión de novembro do club Sete Vidas é a novela Brooklin follies (Editorial Galaxia), do autor estadounidense Paul Auster.  De maneira excepcional, para poder contar coa presenza da tradutora da novela ao galego, Eva Almazán, a sesión terá lugar o sábado 8 de novembro, ás 12:00 horas na Casa da Lectura (Nogueira, 8, Donas).

Estas son algunhas imaxes da sesión coa que inauguramos a nova tempada e a visita á Casa Museo de Rosalía de Castro acompañados de Pedro Feijoo.