A Portada publicado por

O Sete Vidas de novembro, dedicado á novela “O cuarto de invitados”, da escritora Helen Garner

O Sete Vidas de novembro, dedicado á novela “O cuarto de invitados”, da escritora Helen Garner

O martes 3 de novembro, ás 20:00h, o club de lectura Sete Vidas reunirase de novo na Biblioteca de Gondomar para falar da lectura recomendada para este mes. Trátase de O cuarto de invitados de Helen Garner (Rinoceronte).

Helen, unha muller madura e independente, prepara coidadosamente o seu cuarto de invitados para a súa amiga Nicola. Ao longo das tres próximas semanas, mentres Nicola segue un tratamento alternativo que cre que curará o seu avanzado cancro, Helen convértese na súa coidadora, na súa asistente, no seu anxo da garda e nunha xuíza implacable. A anfitrioa tentará ofrecerlle o seu apoio incondicional, pero non poderá disimular o rexeitamento pola solución que elixe a súa amiga.

O cuarto de invitados explora os límites das relacións persoais, os sacrificios da amizade ou a responsabilidade que ten unha persoa sobre un ser querido. Todo isto tratado con profundidade, intelixencia e humor.o-cuarto-de-invitados-helen-garner

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura