A Portada publicado por

O Sete Vidas despide a tempada coa presenza da autora Mercedes Leobalde

O Sete Vidas despide a tempada coa presenza da autora Mercedes Leobalde
O martes, día 2, despedimos a tempada do Sete vidas na Biblioteca municipal de Gondomar, a partir das 20.00 h. Falaremos de Funambulistas (Xerais, 2015) o risco de camiñar pola corda frouxa da vida, entre a certeza e a inestabilidade. A partir das 21:00 estará con nós a autora, Mercedes Leobalde, para afondar nesta “montaña rusa de emocións”, en palabras de Agustín Fernández Paz, “…tenrura, risa, amargor, ironía… Paga a pena subirse”).
Na sesión do mes de maio viaxamos polos camiños rurais de Nova Inglaterra da man de Christopher Morley e a súa novela O Parnaso sobre rodas (Riniceronte ed.). Na primeira parte da sesión vimos unha presentación sobre algunhas das múltiples bibliotecas ambulantes que existen en distintos continentes. Na segunda parte, xa en diálogo coa tradutora da novela, Estela Villar, centrámonos en distintos aspectos da novela, na personalidade do seu autor e en cuestións específicas referentes á tradución. Estas son as imaxes.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura