O Sete Vidas viaxa a Australia este xoves

O xoves 4 de febreiro o Sete Vidas viaxará a Australia co libro de relatos O canguro alcohólico de Kenneth Cook, editado por Rinoceronte (tradución de Moisés Barcia).
Será ás 20:00 h por videoconferencia.
O autor lévanos a percorrer o interior do deserto australiano da man de cans de tamaño descomunal, canguros adictos á cervexa e pilotos que se desmaian ao ver animais, nunha serie de relatos delirantes cheos de humor e retranca.

w_kenneth-cook_exoudap
AVT_Kenneth-Cook_1685

 

 

 

 

 

 

 

Se queredes participar, e non formades parte do grupo de Whatsapp do Sete Vidas, podedes enviar un email a espazolectura@gmail.com ata o mércores 3 de febreiro ás 18:00h. Unhas horas antes da sesión recibiredes o enlace para unirvos.
 
O Sete Vidas comezou o 2021 o pasado xoves con Morrerei outro día, de Isabelle Alonso (tradución de Isabel Soto e Xabier Ron), editado por Hugin e Munin.
A sesión foi online.
Morrerei outro día é unha lectura estupenda, que vos recomendamos. A autora, nada en Francia de pais españois exiliados trala Guerra Civil, é moi coñecida alí na súa faceta de escritora e de activista feminista. Sorprendeunos moito descubrir que, pese a ter escritos varios libros sobre a república, a guerra e o exilio, é practicamente imposible atopar nada traducido ao castelán.
A novela narra a historia de Ángel Alcalá, dende a súa nacenza na década dos 20 ata a fin da guerra civil, dentro dunha familia de ideas liberais e republicanas. Pasa da alegría e esperanza da república á guerra, á que se incorpora voluntario sendo adolescente, e que remata coa súa fuxida cara a Francia. É unha novela que toma partido, pero ao mesmo tempo reflicte moi ben esta época, sen esconder as sombras, pois se basea nos recordos do pai da autora.