A Portada publicado por

O Sete Vidas xuntarase este sábado para falar de literatura e cine

O Sete Vidas xuntarase este sábado para falar de literatura e cine

O club de lectura Sete Vidas convoca unha nova xuntanza o sábado 1 de febreiro para falar de literatura e cine. Acompañaremos o debate sobre a novela Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick (Ed. Kalandraka) coa proxección do filme que se baseou nela: Blade Runner, de Riddley Scott. Será ás 11:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas).
En Soñan os androides con ovellas eléctricas? atopamos a Rick Deckard, que se dedica, nun futuro postapocalíptico, a retirar androides fuxidos, tan idénticos aos humanos que terá que enfrontarse a situacións que xamais se imaxinara.
thumbnail

O 9 de xaneiro os participantes no Sete Vidas reuníronse no Keik Café de Gondomar, para xirar no Carrusel de Berta Dávila (Ed. Galaxia), premio García Barros de 2019.
No libro unha escritora cóntanos en primeira persoa parte do seu percurso vital. A perda de varios seres queridos e a convivencia cunha enfermidade mental (que marcou profundamente a súa familia) son os eixes centrais, mais tamén narra a utilización do proceso creativo literario coma terapia e salpica referencias musicais e cinematográficas nunha interesante viaxe interior e física, interior no internamento psiquiátrico que sufriu e física cara a Faro en Portugal.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com