00_Obradoiro_ilustracion_Cabeceira

Coordinadores: Comisión Expolecturas
Lugar: Biblioteca Municipal de Gondomar
Mes: Abril

Espazo Lectura programa en determinadas ocasións talleres de ilustración, entendendo que a ilustración é unha parte fundamental do libro infantil, e moi especialmente do álbum, xénero no que se centran as nosas activadades do Contomar e, con frecuencia, a dos Mércores da Casa da Lectura. Os diversos talleres de ilustración realizados ata o de agora pola asociación Espazo Lectura foron impartidos por Ramón Trigo, Pepe Carreiro, Anxo Fariña, Chus Ferrín., Fino Lorenzo e Kiko da Silva.