A Portada publicado por

Obradoiro de teatro no Comando Le

Obradoiro de teatro no Comando Le

Este próximo sábado 16 de febreiro vai ter lugar a sesión mensual do Comando Le, que contará coa presenza da actriz Eva Vila, quen vai realizar cos rapaces e rapazas un obradoiro de teatro arrredor da obra «Sumegirse en el agua», de Helena Tornero, peza teatral que os comandoleiros e comandoleiras lerán previamente. A sesión desenvolverase no horario habitual, de 20:00h a 00:00h, cunha pausa para cear. Cambia nesta ocasión o lugar, xa que, por necesidades da propia actividade, o obradoiro vaise celebrar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoráns, entidade á que Espazo Lectura lle agradece a súa colaboración na cesión deste espazo.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de xaneiro, na que primeiro celebramos o concurso de fanfics dos comandoleiros e comandoleiras, no que resultou gañadora Martina Briones, e logo vimos a película «El club de los poetas muertos»:

Comando Le 26/01/2019

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com