Os animais da selva invaden a Casa da Lectura

Volve a normalidade á programación de Espazo Lectura, logo dunha intensa semana de actividades para celebrar o Día do Libro.

O mércores 30, ás 18:00 h, a Casa da Lectura acolle a actividade de dinamización lectora de todos os mércores. Nesta ocasión, leremos A máscara do león e O elefante comellón para demostrar que os animais salvaxes non son tan feros como os pintan. Experimentaremos coas rimas para adiviñar quen come que, e faremos a nosa propia versión das ilustracións de Marc Taeger no conto do elefante, substituíndo o gravado polo esgrafiado.

portada.fh11