Club de Lecturas Debuxadas publicado por

Os cinco narradores de Bagdad, no Lecturas Debuxadas

Os cinco narradores de Bagdad, no Lecturas Debuxadas


Mañá martes 23 de febreiro, a apartir das 20.00 horas, celebraremos a sesión mensual do club de lectura dedicado ao cómic Lecturas Debuxadas. Este mes, o cómic sobre o que imos falar é Os cinco narradores de Bagdad (Factoría K, 2008), con textos de Fabien Velhmann e ilustracións de Frantz Duchazeau. Coma sempre, será na Biblioteca Municipal de Gondomar.

O cómic
Este álbum de orixe francesa achegará ao lector/a ás peripecias de cinco contadores de historias, afanados na busca do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad e así acadar fama e riquezas. Nazim, Tarek, Anouar, Wahid y Ahmed, o fillo do propio soberano, son os protagonistas desta particular odisea arredor do mundo.

O rosmón, o filósofo, o perspicaz, o rebelde, o xentil… virtudes e defectos que adornan a personalidade de cada narrador e que representan un amplio abano de arquetipos humanos cos que xurdirá unha irremediable identificación. Ao tempo que alimenta o seu imaxinario de vellas e fantásticas historias, tamén o lector/a se contaxia desa sabedoría que proporciona o contacto co pasado.
Nunha cidade, Bagdad, chea de contrastes, de pasado esplendoroso e presente escuro, a lenda está presente en cada rencuncho; o exotismo de Oriente Medio e o ambiente envolvente de cada historia -ao máis puro estilo d‘As mil e unha noites– transportarán ao lector/a a outra esfera da realidade, dominada pola arte dos contos.

Os autores
Fabien Vehlmann
(Mont de Marsan, Francia, 1972)
Comezou a súa formación na Escola de Comercio de Nantes (Francia) e posteriormente se dedicou a traballar como guionista de cómic en editoriais como Dargaud, Dupuis ou Lombard. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Elefante de Ouro en 2001.
Frantz Duchazeau (Angoulême, Francia, 1971)
Iniciou a súa traxectoria nos anos 90 en revistas do grupo Disney, como debuxante de historietas, series de cómic e anuncios publicitarios. A partir de 2002 comezou a traballar para editoriais como Dargaud, Dupuis e a revista Spirou. Participou en varios proxectos de cómic, entre os que destaca a serie Igor et les Monstres.
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com