Os elefantes diferentes de David McMckee, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización deste mércores, 4 de febreiro, na Casa da Lectura estará dedicada ao escritor e ilustrador británico David McKee, creador do famoso elefante de retais Elmer. Desta serie, leremos os contos Elmer e Elmer. Outra vez, así como o álbum Negros e brancos. A actividade comeza ás 18:00h e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

Na sesión do mércores pasado, 28 de xaneiro, lemos o conto  Se eu fose un gato da editorial OQO e despois, cos 26 nenos e nenas que nos acompañaron, xogamos a enredarnos cun nobelo de la como se fósemos gatos. Estas son as imaxes.