A Portada publicado por

“Os Gotten” de Alfonso Álvarez Cáccamo no Sete Vidas de maio

“Os Gotten” de Alfonso Álvarez Cáccamo no Sete Vidas de maio

O martes 6 de maio celébrase a xuntanza mensual do club de lectura de narrativa Sete Vidas. Para este mes, o libro proposto foi Os Gotten (Xerais, 2014), do escritor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo.

Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe. Malia un comezo con certas dificultades, en dous anos serán realidade as dúas fábricas de conservas Gotten, absorbidas dende o ano 1977 por outra marca local de prestixio. Os Gotten, familia culta e emprendedora, colaboraron co progreso e co emprego na bisbarra viguesa durante tres xeracións. Este libro recolle os sucesos e historias dos Gotten contadas polos seus protagonistas, moitos deles os propios membros da familia, ou por outras persoas que preferiron permanecer no anonimato. En todo caso, na totalidade dos relatos salienta a xenerosidade e o grato sentido do humor dos membros desta familia á hora de falar con liberdade e sen complexos da historia común.

A actividade comeza ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e, a partir das 21:00 horas o autor Alfonso Álvarez Cáccamo participará da tertulia cos lectores e lectoras que desexen participar.

O 1 de abril acompañounos na sesión a escritora Berta Dávila a propósito da lectura da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura