“Os libros que hai en min”, no Sete Vidas

O próximo sábado 2 de abril o Sete Vidas reunirase para falar de Os libros que hai en min, de Emma Pedreira (Cuarto de Inverno).

Neste ensaio acompañamos a autora nun percorrido pola súa vida lectora: a súa relación cos libros, as primeiras lecturas, a súa paixón polas librerías de vello… en constante diálogo cos lectores e lectoras e resaltando o carácter da lectura como experiencia colectiva.

Reunirémonos ás 12:00 na Biblioteca de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora.

emmaped

emmap