Os luns, Contomar

Este luns 12 de decembro, ás 18:00 horas, temos unha nova cita co Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar con máis contos para os nenos e nenas que queiran achegarse xunto coas súas familias. Contos como os que lemos o luns pasado, cando Mar nos contou “A vaca que puxo un ovo” e “Que mal cheira”; Fátima leu “A árbore da escola”; Claudia, que dende que comezou o insituto non puidera contar ningún conto, volveu para lernos “O cociñeiro Martiño” e, por último, Balbina, unha nova lectora que se estreou nesa sesión, contounos “A princesa do Caurel”.

Nesta ligazón pódense ver as fotos da sesión: https://goo.gl/photos/S31o8CGdxMNjZ96HA