Os mércores da Casa da Lectura inaugura tempada xogando cos contos

Este mércores 3 de outubro a partir das 18:00 horas a Casa da Lectura retoma as sesións semanais de dinamización lectora destinadas a nenos e nenas a partir de 3 anos.

Inauguraremos a tempada xogando e cantando cun xogo da oca arredor de contos, co cal poderemos demostrar todo o que coñecemos de contos como Os chibos, chibóns, O gato lambón, A casa da Mosca Chosca ou A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.