Casa da Lectura publicado por

Os mércores na Casa da Lectura

Os mércores na Casa da Lectura

Este mércores, ás 18:30 horas, a Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas) terá uns convidados moi especiais: unha chea de mouchos.
Durante a actividade semanal de dinamización, leremos O oso fabuloso, un conto onde o moucho cumpre un papel fundamental, cantaremos cancións e remataremos a sesión sabendo imitar o canto desta ave.

Dende as 17.30 horas a Casa da Lectura permanecerá aberta para aquelas persoas que queiran achegarse a ler.

Velaquí algunha imaxes da sesión da semana pasada.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura