A Portada publicado por

Os monstros do noso maxín toman vida na Casa da Lectura

Os monstros do noso maxín toman vida na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores, 12 de febreiro, na Casa da Lectura terá como protagonistas os monstros. A partir dos contos Carabuñas, O Grúfalo e O montro de Ricardo darémoslle vida aos monstros que habitan o noso maxín. Despois recrearemos o noso propio monstro ao ditado.

A semana pasada a sesión estivo dedicada aos medos infantís, estas son algunhas das fotos dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura