Os profes de Infantil do CEIP Souto-Donas visitan o Contomar


Este luns, 30 de abril, o Contomar terá como contadores os profesores do CEIP Souto-Donas de Gondomar, socios protectores de Espazo Lectura. A sesión de contacontos terá como título “O papel dos contos” e leranse historias tan interesantes como Amelia quere un can, Nariz de ouro, O soldadiño de chumbo e A cebra Camila.
A sesión comeza ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *