Casa da Lectura publicado por

Oso vén de visita á Casa da Lectura

Oso vén de visita á Casa da Lectura


A sesión de dinamización lectora deste mércores, 23 de novembro, na Casa da Lectura estará centrada na lectura do conto La visita de oso. A cita é ás 18.30 horas.

Oso está bastante seguro de que non lle gustan as visitas. Mesmo ten un letreiro. Así que cando un día un rato chama á súa porta, Oso pídelle que se vaia. Pero cando Oso vai ao armario da cociña a por unha cunca… Aí está o rato! Pequeno e gris e de brillantes olliños. Todo o que Oso quere é tomar o seu almorzo tranquilo, pero o rato, que se aparece nos lugares máis insospeitados, non pensa deixarlo en paz.

As seguintes imaxes foron tomadas na sesión do mércores 16, dedicada ao medo.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *