Ovos e galiñas, na Casa da Lectura

Este mércores, 25 de xaneiro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura terá como protagonistas as galiñas. Leremos os contos «A galiña roxa», «A vaca que puxo un ovo» e «Huelga de gallinas» e, a partir da lectura, faremos unha proposta de actividade cos nenos e nenas que nos acompañen. A sesión comeza ás 18:00 horas e o servizo de préstamo bibliotecario aténdese a partir das 17:30.

A semana pasada estivo dedicada aos contos e á tecnoloxía. Nestas imaxes recóllense algúns momentos dese día: https://goo.gl/photos/T8ndhEsgHtyza9AV7