Ovos e galiñas na Casa da Lectura

A Casa da Lectura acolle este mércores, 4 de decembro, unha nova sesión de dinamización lectora. Nesta ocasión, contaremos contos de ovos e de galiñas. A galiña roxa, O polo Pepe e O ovo son as historias que escoitaredes os que vos animedes a compartir un mércores máis na Casa da Lectura. A cita é ás 18:00h, e media hora antes a Casa da Lectura xa ten abertas as súas portas para préstamos e devolución de libros.

A semana pasada navegamos polas profundidades do océano. Estas son as imaxes dese día.