A Portada publicado por

Participa no XI Dar de ler coma quen dá de beber, con motivo do Día do Libro

Participa no XI Dar de ler coma quen dá de beber, con motivo do Día do Libro

Espazo Lectura está a preparar a décimo primeira edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro e que se enmarca na Semana do Libro e a Lectura.

Como sabedes, esta actividade consiste nunha lectura colectiva para a que, as persoas que o desexen, escollen un texto moi breve dun libro que queiran compartir cos demais.

Este ano decidimos repetir formato e lugar e facelo de novo en sesión vermú. O acto terá lugar o domingo 22 de abril no Keik Café de Gondomar (Rúa das Ánimas, 10), entre as 12:00 h e as 14:00 h aproximadamente, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

Como en ocasións anteriores, gustaríanos reunir arredor de 25 ou 30 persoas nun espazo público para ler. Ademais, tamén se pode escoitar, compartir e recomendar as lecturas que nos gustan e celebrar así o Día do Libro facendo da lectura un acto de socialización.

A idade mínima para participar é de 14 anos.

Que teño que facer se quero participar?

– Escolle un fragmento dun libro, preferiblemente en lingua galega, cuxa lectura non exceda os 3 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

– Comunícanos que queres participar respondendo este correo electrónico ou chamando ao número 655 553 930 e indícanos o título e o nome do autor ou autora seleccionado.

– Para organizar máis facilmente o acto, dinos tamén se prefires ler entre as 12:00 h e as 13:00 h ou entre as 13:00 h e as 14:00 h. Tentaremos, na medida do posible, aternos a esa elección e evitar en todo caso que haxa cambios con respecto á orde fixada.

Estas son as fotos da edición pasada:
X Dar de Ler, 2017/04/23

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura