A Portada publicado por

Paseamos pola Rúa da Tixola, na Casa da Lectura

Paseamos pola Rúa da Tixola, na Casa da Lectura

Este mércores 23 de novembro, a actividade de dinamización lectora da Casa da Lectura lévanos de paseo polas rúas da cidade. Leremos o conto «A Rúa da Tixola» e, a partir del, xogaremos arredor do tema de onde vivimos e da xente que temos cerca. Coma sempre, a actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na sesión da semana pasada falamos de bicos e de cores. Contamos «Pequeno Azul, Pequeno Amarelo» e «De que color son los besos», e aínda que pareza sorprendente: hainos de todas as cores! Entre conto e conto, aproveitamos para falar das cores e as súas mesturas e coñecemos ao rei da cor na natureza: o camaleón. Lemos contos sobre este animal e bailamos cancións. Por último, preparamos o noso propio e cambiante camaleón. Picando aquí, pódense ver as fotos da sesión.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura