Paula Carballeira contará «Historias de arrepío» nunha Noite Golfa este sábado na Casa da Lectura

Contos para meter medo. Ese é o chamado das Noites Golfas para este vindeiro sábado. A actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira acudirá o próximo sábado 5 de abril á Casa da Lectura (Nogueira, 8, Donas, Gondomar) para amedrentar ao público asistente coas súas «Historias de arrepío». O acto desenvolverase dentro dunha nova edición das Noites Golfas de Espazo Lectura e comezará ás 22,30 horas da noite. A entrada é libre.

«Historias de arrepío» é unha sesión de contacontos de Paula Carballeira que derá comezo unha vez a noite se bote sobre os tellados para gozar de medo coas historias da tradición oral galega nas que o arrepío e algúns personaxes como a morte teñen unha especial significación. Convidámosvos a gozar dunha noite fría e arrepiante na Casa da Lectura, á calor da palabra que nace da tradición oral e se recrea na boca extraordinaria de Paula Carballeira.