A Portada publicado por

Penúltimo mércores na Casa da Lectura da tempada

Penúltimo mércores na Casa da Lectura da tempada

Este mércores, 1 de xuño, a Casa da Lectura acollerá a sesión de dinamización lectora previa ao fin de tempada que terá lugar a vindeira semana.Coma sempre, a partir da lectura, abriremos xanelas a outro tipo de expresións. A sesión comeza ás 18:00 horas, e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Na sesión da semana pasada, á Casa da Lectura achegáronse a directora do Conservatorio Municipal de Gondomar, dous profesores e doce estudantes. Mesturaron “O elefante comellón” con guitarras, “O coelliño branco” con saxos e “O dinosauro Belisario” con violíns e pianos. Descubrimos que o profesorado do Conservatorio, amais de tocar e cantar moi ben, tamén len de marabilla. Bastaba ver as caras das arredor de 100 persoas que se achegaron á Casa da Lectura.
Estas son algunhas imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura