O sábado 24 de abril, dentro das actividades da Semana do Libro e a Lectura 2021, vaise celebrar unha nova sesión do Comando Le, a actividade que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de doce anos. Nesta ocasión a proposta xirará arredor da poesía e a música. Na primeira parte, escoitaranse e comentaranse poemas musicados, a partir das propostas dos propios comandoleiros e comandoleiras; na segunda parte desenvolverase un obradoiro de poesía no que se fará un achegamento á figura e á obra de Xela Arias, autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A sesión, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, desenvolverase entre as 20:00h e as 22:00h no Centro Neural de Gondomar.

Na seguinte ligazón poden verse imaxes da sesión anterior, na que contamos coa presenza da actriz e contadora Paula Carballeira e o seu espectáculo Historias de arrepío:

Comando Le 20.03.21