A Portada publicado por

Poesía e música no Comando Le

Poesía e música no Comando Le

O Comando Le celebra este sábado 8 de febreiro unha sesión na que falaremos de música e poesía: leremos poemas, escoitaremos versións musicadas e mesmo faremos un pequeno obradoiro para rapear algúns poemas. O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos.

A relación entre a poesía e a música estará presente, a través de diferentes actividades, nas catro sesións que terán os membros do Comando Le de aquí a maio. Ademais desta primeira sesión do 8 de febreiro, os rapaces e rapazas do Comando Le volverán reunirse o 8 de marzo, o 26 de abril e o 24 de maio.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura