Poesía para calquera hora do día, na Casa da Lectura

Este mércores, 15 de marzo, levaremos unha maleta ateigada de poesía á Casa da Lectura e, para os enfermos e enfermas de versos, un botiquín de poemas. Leremos Frederik, El secreto e unha escolla de divertidos poemas: poesía para calquera hora do día. No obradoiro, converterémonos en poetas. A sesión comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 aténdese o servizo de préstamo.

A semana pasada visitaron a Casa da Lectura dúas novas comandoleiras, que lles regalaron aos nenos e nenas que nos visitaron unha fantástica sesión sobre as emocións. Grazas, Comando Le polo voso agarimosa colaboración! Aquí pódense ver as fotos dese día:

https://goo.gl/photos/PcjorM414enU3kRYA