Poñémonos á espreita no Contomar

O luns, 20 de outubro, segue a andaina do Contomar con máis contos para os nenos e nenas a partir de 3 anos. Nesta ocasión, leremos, entre outros, Paco Trolas, Linda á espreita e A qué sabe a lúa? Coma sempre, a cita é na Biblioteca de Gondomar ás 18:00h.

Estas imaxes correspóndense coa sesión do luns pasado.