Porca terra, de John Berger, na última sesión do Sete Vidas ata despois do verán

Mañá martes, 2 de xuño, ás 20.00 horas, vaise celebrar na Biblioteca Municipal de Gondomar a última sesión do Club de Lectura Sete Vidas deste curso. As xuntanzas reanudaranse tras o verán. O título elixido desta vez é Porca terra, o primeiro volume da recoñecida triloxía de John Berger, Do seu labor.

Tras unha primeira parte de conversa e debate arredor de Porca terra, teremos un encontro co tradutor da obra, Xoán Abeleira, que se achegará á biblioteca para falar con nós, entre outras cousas, sobre o seu traballo no libro.

Pódese consultar información sobre Xoán Abeleira e o seu proceso de tradución nestas ligazóns: